Éxito da primeira convocatoria da feira do automóbil antigo de Pontecesures
No marco da Festa da Lamprea do 2007 e coa colaboración do Concello de Pontecesures, celebrouse a primeira edición da Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures.
Foi a primeira vez, logo de que no 1956 se celebrase a última feira do veículo de ocasión, que en Pontecesures tivo lugar un evento destas características. A asociación iniciou este ano ao calor dos preparativos da feira, a súa andaina. Aínda que o noso obxectivo principal é a organización da Feira, non descartamos realizar outro tipo de convocatorias que consideremos de interese, pois a nosa condición de asociación cultural vai máis alá da celebración deste evento.
En calquera caso, esperamos contar coa axuda e colaboración tanto das persoas afeccionadas aos automóbeis antigos, como de calquera outra que teña interese en participar no evento coa nosa asociación. |