A Feira do automóbil clásico e antigo consolídase
Como era de esperar, logo da expectación xenerada pola primeira convocatoria, esta segunda feira vestíuse de longo e acadou un éxito que non agardabamos. Nesta ocasión, ademais da exposición de coches antigos e clásicos, pudemos contemplar un interesantísimo parque de motocicletas, bicis, veículos industriais, agrarios, etc. Na carpa que se instalou no peirao, todos os afeccionados atoparon unha completa mostra de pezas orixinais e recambios que agradou tanto aos expertos como ao público curioso. |