Fegaclasic (IV edición)

Milleiros de visitantes na IV edición de Fegaclasic

A IV edición da Feira Galega do Automóbil Clásico (FEGACLASIC) grazas a un interesante programa de actividades, reuniu no recinto feiral de Pontecesures a unha pléiade de afeccionados e curiosos. A Feria –que xa é unha referencia para todos os afeccionados de Galicia– arrancou o sábado cunha xincana de motos clásicas e a inauguración da exposición adicada a Eduardo Barreiros. O domingo realizouse a tradicional ofrenda floral diante do monumento adicado ás primeiras feiras do automóbil de ocasión celebradas en Pontecesures a primeiros e mediados do século XX.

Para a mostra de Eduardo Barreiros a organización da Feira contou coa colaboración da Fundación Barreiros de Madrid. No seu nome impartiu unha conferencia D. Juán Gayá de Prado, que durante corenta anos traballou moi perto de Eduardo Barreiros e coñeceu de primeira man todas as alegrías dos éxitos e os sensabores dos fracasos. D. Juán Gayá, home de talante alegre e falador, atopouse entre o público cunha persoa que cedeu para a exposición un dos camións Barreiros producidos na factoría madrileña onde traballaba Juán Gayá. Foi un momento intenso. Durante un instante cruzáronse as traxectorias vitais de dúas persoas cun vínculo común: un camión. Produtor e usuario tiveron a oportunidade en Fegaclasic, moitos anos despois de que se fabricase o último camión Barreiros, de intercambiar pareceres sobre o vehículo co que os dous se gañaron a vida.

A Feira transcorreu o domingo cun gran movemento de público entre os diferentes postos. Nesta IV edición de Fegaclasic pudo contemplarse un Rolls Royce que pertenceu a realeza británica e un coche que orixinariamente foi propiedade do dictador cubano Batista. Ademais, entre a gran variedade de motos expostas, atopábanse algúns modelos das marcas soviéticas Ural e Nepr. Como atracción especial cómpre destacar a presenza dunha máquina de vapor cedida pola empresa Barton, que despertou grande interese entre o público asistente.

 

Eduardo Barreiros en Fegaclasic 2010

En colaboración coa Fundación Barreiros de Madrid, a asociación cultural Mirándolle os Dentes organizou dentro do programa de actividades de Fegaclasic 2010, unha exposición divulgativa sobre a figura de Eduardo Barreiros. Descargue o pdf da mostra.

 
Para colaborar coa asociación cultural Mirándolle os Dentes e garantír así a continuidade de Fegaclasic, pode solicitarlle o carnet de socio/a a calquera persoa da directiva da asociación. Para coñecer as interesantes vantaxes e descontos que obterá presentando o carnet nos establecementos colaboradores, descargue o pdf.
 
Páxina de inicio